martes, 19 de junio de 2007

ORIGENES

Pedro Álvarez de Soutomaior, apodado Madruga, era fillo bastardo de Fernán Yánez de Soutomaior. Excluido de todo dereito sucesorio, seguiu a carreira eclesiástica hasta que o seu irmán Álvarez Paez, fillo léxitimo e heredeiro antes de morrer sen descendencia conseguiu de Enrique IV, en 1468, a súa lexitimación en orden de sucesión dos bens e dereitos da Casa de Soutomaior. De este xeito o bastardo dos Soutomaior chegaba ó frente dos destinos do señorío.
Durante o reinado de Enrique IV (1455-1474), don Pedro, beneficiándose do favor e a debilidade da coroa, consolida e incrementa os seus dominios. Éstes consistían, inicialmente, no castelo de Soutomaior, que Vasco da Ponte (cronista galego de comenzos do s. XVI), evalúa como casa de setenta ou oitenta lanzas. Exercía o control directo sobre outra serie de casa fortes e torres que salpicaban o suroeste de Galicia dende o río Ulla ata o Miño; entre elas: Trinidad, Alba, Cotobade e Fornelos. Contaba, igualmente, coa posesión en feudo dun total de vinte feligresías en Terra de Salnés, que o arzobispo de Santiago, don Rodrigo Luna, concedera a Alvar Páez de Soutomaior.Hacia 1467 obtuvo don Pedro, de Enrique IV, un xuro de 150.000 maravedís sobre as rentas reais de Pontevedra, Vigo e Redondela; concesión que lle serviu de pretexto para señorear estas tres cidades durante os anos 70 do s. XV, e que lle acarreou, ó mesmo tempo, o enfrentamento permanente co arzobispo de Santiago, don Alonso de Fonseca,
a cal xurisdicción pertencían ditas cidades. Pedro Madruga continuou, como os seus predecesores Soutomaior, exercendo a encomenda sobre a igrexa de Tui, de forma que máis parecían os Soutomaior os señores da Igrexa, que os seus propios obispos, cos que o conflicto foi tamén permanente. Finalmente, don Pedro Madruga chegou a titularse Vizconde Tui e Mariscal de Baiona. Foi a persoaxe tal vez máis singular da axitada Galicia de fins do s.XV, e ó que a crónica coetánea, nuns casos, e a historiografía romántica e nacionalista galega, noutros, convertiron no máis controvertido do seu tempo.

No hay comentarios: